Thursday 16 de May de 2024

Iogures para fomentar a adopción de cans abandonados


A asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade e a granxa Casa Grande de Xanceda emprenden unha campaña con fotografías de exemplares acollidos no refuxio xestionado polo Concello de Ordes
A Asociación de Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade e a Casa Grande de Xanceda acaban de iniciar conxuntamente unha nova iniciativa para fomentar a adopción de animais abandonado. Así, ao longo das vindeiras semanas os packs de iogures levarán imaxes dos cans abandonados que a día de hoxe habitan na canceira de Ordes, á espera dalgún adoptante.

O novidoso packaging da voz a todos eses cans abandonados e invisibles para a maior parte da sociedade. Tamén ofrece a información necesaria para poder adoptalos a través de la web www.UnCanUnAmigo.com. Nesta dirección pódese atopar toda a información sobre estes peludos en adopción, idade, tamaño, carácter etc, así como as indicacións necesarias para poder responsabilizarse deles.

“Como imaxen da campaña seleccionáronse 8 cans da canceira de Ordes, que servirán de representación para os máis de 150.000 exemplares abandonados ao longo do pasado ano no país, e que precisan con urxencia un novo fogar”, tal e como explica os responsables da granxa situada en Mesía. Tal é o compromiso asumido por eles e elas que a día de hoxe destinan o 10% dos seus beneficios anuais a actividades de responsabilidade social corporativa.

Según datos oficiais en España cada hora abandónanse 16 cans ou gatos. Conscientes da importancia de correxir esta dinámica mediante a educación no respecto aos animais e ao medio ambiente Segunda Oportunidade e Casa Grande de Xanceda teñen en marcha o proxecto ‘Un can, un amigo’. Esta formación en aulas está dirixida a todos os alumnos e alumnas de primaria dos principais colexios da comarca de Ordes, co obxectivo de fomentar valores de solidariedade e tenencia responsable de animais.